Aviso: Axudas en materia de arquivos
Axudas en materia de arquivos
Reanudación do procedemento
Con motivo da recente publicación do Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (Publicado no BOE 23 de maio de 2020), que establece no seu art. 9 “ Con efectos do 1 de xuño, o cómputo dos prazos administrativos que tivesen sido suspendidos reanudaranse, ou reiniciaranse, se así o tivese previsto nunha norma con rango de lei aprobada durante a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas”, o vindeiro luns 1 de xuño de 2020 reanúdanse os prazos de presentación de solicitudes dos procedementos administrativos.