Aviso: Curso de GIMP

Curso de GIMP

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Curso para aprender a manexar o programa GIMP para deseño gráfico, retoque de imaxes e fotografía dixital. Identificar as posibilidades de retoque dunha imaxe dixital, resaltar determinados elementos nunha fotografía, inserir texto nunha fotografía cun formato axeitado, modificar as propiedades de cor dunha fotografía, imprimir e comparar unha fotografía en papel coa súa visión en pantalla, etc. 
Dirixido a adultos que saiban utilizar a nivel básico un ordenador e dispoñan preferentemente dalgún tipo de cámara dixital, ou no seu defecto, dun teléfono móbil con cámara.
Datas:  mes de decembro: o luns día 1, de 18 a 20.30 h ; os mércores 3 e 10, de 9 a 11.30 h ; os venres 5 e 12, de 18 a 20.30 h. Total de horas do curso: 7 horas 30 minutos.  

SOLICITUDES ATA AS 12 HORAS DO MÉRCORES 26 DE NOVEMBRO.

Estado de trámite: En trámite

Comparte