Aviso: III Certame de Fotografía Luces e Cores de Elviña
III Certame de Fotografía Luces e Cores de Elviña
Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés
O Certame de Fotografía Luces e Cores de Elviña resulta de especial interese para os veciños de Elviña en xeral e para os usuarios da biblioteca en particular. Poderán retratar a vida e os recunchos do barrio: as rúas, paseos, casas, prazas, o mercado, as tendas, os bares, as actividades do centro cívico, o estudo na biblioteca, os colexios, os paseos, o café da mañá... a rutina dun día no barrio, as luces e cores que acompañan no día a día aos veciños do barrio no que está ubicada a Biblioteca Pública da Coruña. Poden participar todas as persoas maiores de 7 anos, que non sexan fotógrafos profesionais, veciñas da Coruña ou residentes nela. As fotos deben enviarse a lucesycoloreselviña@gmail.com antes do 12 de decembro de 2014. Máximo tres fotografías por participante.
As fotografías finalistas e premiadas exporanse na primeira planta da biblioteca dende o 29 de decembro ata o 30 de xaneiro de 2015, no horario de apertura do centro: de luns a venres, 8:30-20:30 e sábados de 10 a 14 h.