Aviso: Aula de maiores

Aula de maiores

Na Biblioteca Pública de Santiago Anxel Casal, ata xuño de 2015

Actividade dirixida a persoas maiores de 55 anos que queren lembrar o que aprenderon hai tempo. Facer operacións matemáticas sinxelas, practicar a lectura e a escritura ou facer xogos didácticos de xeografía son algúns dos conceptos básicos que se ensinan nesta aula. 
A actividade estará a cargo de Antonio Rodríguez Escalona, voluntario do programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, conta cunha experiencia de sete anos como voluntario do Concello de Ames onde desenvolve a actividade “Escola de maiores” no Milladoiro. 
Todos os martes e venres de 10.15 a 11.45 horas na Sala de Traballo do 3º andar. Máximo de 10 persoas.

Inscrición previa na propia biblioteca

Estado de trámite: En trámite

Comparte