Aviso: Listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para o ingreso no subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas

Listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as no proceso selectivo para o ingreso no subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas

A Consellería de Facenda publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 26 de novembro de 2014, da Dirección Xeral da FunciónPública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos/as poderase consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos/das aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Comparte