Aviso: Proposta de resolución provisional de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais 2020
Proposta de resolución provisional de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais 2020
O prazo de alegacións é de 10 días
A Consellería de Cultura e Turismo publica a proposta de resolución provisional pola que se aproba a listaxe provisional de solicitudes admitidas coas puntuacións correspondentes e a listaxe provisional de excluídas e as causas de exclusión, de subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, convocada pola Orde do 31 de decembro de 2019 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro de 2020).
De acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co artigo 15.5 da Orde de convocatoria, os interesados poderán presentar nun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación destes listados, as alegacións que estimen oportunas.