Aviso: Curso de formación sobre a interpretación do patrimonio cultural e natural no Museo Massó

Curso de formación sobre a interpretación do patrimonio cultural e natural no Museo Massó

O Museo Massó organiza un curso ao longo de tres xornadas -17, 18 e 19 de decembro- dirixido a todas aquelas persoas que queiran aprender técnicas de comunicación para levar a cabo visitas guiadas en lugares de interese patrimonial.

O curso está impartido po Ambientarte, empresa distinguida como Experiencias Ejemplares 2014, pola Fundación Félix Rodríguez de la Fuente. Este grupo céntrase en desenvolver iniciativas que contribúan á conservación e difusión dos recursos patrimoniais.

Prezo: 70 €.

Para máis información, contactar coa empresa Ambientarte

Estado de trámite: En trámite

Comparte