Aviso: Licitación do contrato de coprodución dun espectáculo de danza moderna, neoclásica ou contemporánea

Licitación do contrato de coprodución dun espectáculo de danza moderna, neoclásica ou contemporánea

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 10 de decembro de 2014 a resolución pola que anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do contrato de coprodución dun espectáculo de danza moderna, neoclásica ou contemporánea (contratación documentalmente simplificada).

Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato ata o 30 de novembro de 2015, sen posibilidade de prórroga.
Tramitación: ordinaria, expediente anticipado de gasto.
Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.
Orzamento base de licitación: Importe sen IVE: 41.322,31 €
IVE (21 %): 8.677,69 €.
Importe total: 50.000 €, IVE incluído.

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro da Agadic, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 11.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Apertura das ofertas: O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Agadic na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es.

Estado de trámite: En trámite

Comparte