Aviso: Adxudicación das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega

Adxudicación das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais de produción galega

Nas modalidades de ficcion, animación e documental

A Xunta de Galicia fai pública hoxe na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a adxudicación da convocatoria anual de subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais, a través da que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina 260.000 euros aos traballos de preprodución de 15 futuras películas e series galegas para cinema e televisión. Por modalidades, oito destas propostas materializaranse en longametraxes de ficción, catro en documentais, dúas en longas de animación e unha en miniserie televisiva.

O obxectivo desta liña de apoio é acompañar as produtoras desde a fase inicial de preparación dos seus novos proxectos, cos que nos anos seguintes poderán optar ás convocatorias da Xunta tanto para produción e coprodución audiovisual como para a súa difusión en feiras e mostras, ademais de a outros fondos estatais e europeos.

 

▪ Ficción:

1. “Fatum”, de Juan Galiñanes, producida por Vaca Films.

2. “A nadadora”, de Sandra Sánchez, coa produtora Setembro de Cine.

3. “As liñas descontinuas”, de Anxos Fazáns, con Sétima S. Cooperativa.

4. “Así chegou a noite”, de Ángel Santos, con Miramemira

5. “La oportunidad”, de Frida Films e primeira longametraxe como realizadora de María de Castro.

6. “A nai”(“La madre”), de Xamalú Filmes, con dirección de Manane Rodríguez;

7. 2 capítulos da serie “Victoria Ocampo, un lugar chamado Sur”, producida por Zenit TV con guión de Rosa Castro e dirección de Zaza Ceballos.

8. “Non”, de Filmika Galaika, con Eloy Enciso.

9. “Monstro”, de Gaitafilms, con Andrés Goteira.

 

▪ Animación:

10. “O conto da serea”, con produción de Ensenada de Ézaro Films, na que Ángel de la Cruz levará ao cinema “El cuento de la sirena”, de Torrente Ballester.

11. “SHKID”, producida e dirixida por Fernando Cortizo.

 

▪ Documental:

12. “2084”, da directora Ruth Chao, con produción de Somadrome Filmes.

13. “O silencio herdado”, de Lucía Dapena, con Gaitafilmes.

14. “Cancións para a Apocalipse (Songs for the Apocalipse)”, de Fon Cortizo e produción de Ollovivo.

15. “Recordos. Saúdos. Apertas”, de Xacio Baño e Rebordelos na produción.

Comparte