Aviso: Licitación para a explotación do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
Licitación para a explotación do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 11 de decembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do contrato de xestión de servizo público, en réxime de concesión, para a explotación de forma integral do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (contratación documentalmente simplificada).
Data límite de presentación: o trixésimo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
Estado de trámite: En trámite