Aviso: Resolución das subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte de fóra de Galicia
Resolución das subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte de fóra de Galicia
Foron beneficiarias unha decena de galerías
A Xunta de Galicia vén reforzando nos últimos meses o seu apoio ao sector no marco do Plan de Reactivación do sector cultural, cun investimento global de 26 millóns de euros, dos que xa están en execución o 80% de todos os compromisos previstos. No caso do apoio ás artes plásticas e galerías, a Xunta achegou este ano un total de 604.000 euros en axudas a un sector fundamental que contribúe a promover e difundir novos valores artísticos, tanto no resto de España como no estranxeiro máis alá da súa actividade comercial.
Neste sentido, para propiciar a asistencia destes profesionais a eventos internacionais, o Goberno galego decidiu reforzar economicamente este ano 2020 a liña habitual de axudas, cun importe superior aos 74.000 euros, da que foron beneficiarias unha decena de galerías, como se publicou o 5 de novembro no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Consulta no DOG a relación de galerías por orde de entrada de solicitudes.