Aviso: Aprobada a delimitación do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa

Aprobada a delimitación do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa

O Diario Oficial de Galicia publica o Decreto 158/2014, do 27 de novembro, polo que se aproba a delimitación do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa.

Neste decreto recóllese a delimitación do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, segundo os planos do anexo deste decreto. Ademais, órdease a inscrición do Camiño de Santiago do Norte, Ruta da Costa, coa categoría de territorio histórico, no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia e notifícase esta aprobación aos concellos afectados pola delimitación, que deberán incorporar o seu trazado e o ámbito do seu territorio histórico aos seus planeamentos urbanísticos, e que implicará que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria deberá autorizar de forma previa as intervencións que se propoñan no ámbito da delimitación desde o día da súa entrada en vigor,  agás nos casos que establece o artigo 47.2 da Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia, ou por resolución expresa de delegación.

 

 

Comparte