Aviso: Premios de Artesanía de Galicia 2014

Premios de Artesanía de Galicia 2014

A Consellería de Economía e Industria publica no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 12 de decembro de 2014, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos Premios de Artesanía de Galicia 2014.

O obxectivo desta iniciativa é recoñecer a mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional. 

Establécense as seguintes modalidades:
1. Premio Artesanía de Galicia 2014.
2. Premio Traxectoria.
3. Premio Bolsa Eloy Gesto.
 

O prazo de presentación de candidaturas finalizará ás 15.00 horas, transcorridos 90 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Estado de trámite: En trámite

Comparte