Aviso: Relación de proxectos para cine e televisión subvencionados e importes adxudicados 2014
Relación de proxectos para cine e televisión subvencionados e importes adxudicados 2014
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) publica a relación de proxectos subvencionados e importes adxudicados ao abeiro da convocatoria do DOG núm. 153, do 13 de agosto de 2014, das bases das: SUBVENCIÓNS PARA PRODUCIÓNS E COPRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS DE CONTIDO CULTURAL GALEGO Convocatoria 2014. Relación de proxectos beneficiarios e importes concedidos:
Sun Lúa, S.L.
We The Media
25.000,00 €
A1
Vía Láctea Filmes, S.L.
Sicixia
260.000,00 €
A1
Frida Films, S.L.
María (y los demás)
240.000,00 €
A1
Zeitun films, S.L.
As mimosas
240.000,00 €
A2
Xamalú Filmes, S.L.
Migas de pan
240.000,00 €
A2
Zircozine, S.L.
Toro
240.000,00 €
C1
Zenit Televisión, S.A.
Juana de Vega e a alumna da liberdade
260.000,00 €
C1
Portocabo TV, S.L.
Os fillos do sol, a historia da creación de Zeltia
150.000,27 €
C2
Amanita Films, S.C.
Os días afogados
40.000,00 €
C2
Producións A Fonsagrada, S.L.
A seara
35.725,11 €
C2
Alfonso Vázquez Cortizo
Poesía#Fronteira
26.247,73 €
C2
Formato Producciones, S.L.
O ferry de Portodemouros
37.500,00 €
C3
Editora OQO, S.L.
Cocorico
170.000,00 €
MODALIDADES
A.1. Longametraxes de ficción ou documental de autoría galega que poñan en valor a diversidade cinematográfica de Galicia e os recursos creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego, posúan unha alta capacidade de internacionalización e o seu orzamento total non supere o importe de 1.200.000 €.
A.2. Longametraxes que posúan un especial valor cinematográfico, cultural e social, fomenten o tecido industrial do sector audiovisual galego, teñan vocación de difusión e comercialización nacional e internacional e conten cun orzamento total de produción superior a 1.200.000 €.
C.1. Longametraxes e miniseries televisivas de ficción de autoría galega, que promovan a cultura galega, empreguen e salienten os valores creativos, artísticos e técnicos do audiovisual galego e teñan un decidido propósito de difusión.
C.2. Longametraxes documentais para televisión de autoría galega, e contribúan á difusión da cultura galega, a poñer en valor as manifestacións creativas e artísticas galegas ou aborden calquera aspecto da realidade social galega, pero sen empregar como principal instrumento a recreación de ficción.
C.3. Series de animación infantil e xuvenil destinadas a ser emitidas por televisión que destaquen polo seu carácter innovador, fomenten a aplicación das novas tecnoloxías da produción e teñan unha clara vocación de comercialización a nivel nacional e internacional.