Aviso: Axudas de apoio a iniciativas abertas de difusión cultural

Axudas de apoio a iniciativas abertas de difusión cultural

O Instituto Galego de Promoción Económica publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas de apoio ás iniciativas abertas de difusión, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Proxectos obxecto de apoio

a) Xornadas técnicas, seminarios, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas ou boas prácticas nos eidos da innovación e a competitividade.
b) Celebración en Galicia de encontros empresariais entre emprendedores e investidores privados (business angels).
c) Celebración en Galicia de congresos ou eventos expositivos de alcance internacional. O alcance internacional do evento proposto será determinado en función do seu historial previo de congresistas e relatores no caso de congresos ou de asistentes e expositores no caso de eventos expositivos, non podendo, por tanto, ser considerados como tales as primeiras edicións dun determinado congreso ou evento, aqueles cuxa periodicidade sexa inferior a un ano, nin aqueles cuxo carácter internacional estea exclusivamente determinado por unha asistencia transfronteiriza ou pola presenza de relatores estranxeiros.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 6 de febreiro de 2015.

Estado de trámite: En trámite

Comparte