Aviso: Axudas para a contratación de xestores de internacionalización

Axudas para a contratación de xestores de internacionalización

O Instituto Galego de Promoción Económica publica a RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2015 en réxime de concorrencia non competitiva.

Estas axudas teñen como obxectivo final facilitar ás empresas galegas a prospección e acceso a novos mercados poñendo ao seu alcance axudas para a contratación de profesionais especialistas en internacionalización empresarial, conseguindo, ao mesmo tempo, a especialización de cadros de persoal e facilitar o acceso ao mercado laboral dos profesionais.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 3 de febreiro de 2015.

Estado de trámite: En trámite

Comparte