Aviso: Bolsas formativas para proxectos de mellora das pemes galegas

Bolsas formativas para proxectos de mellora das pemes galegas

O Instituto Galego de Promoción Económica publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 26 de decembro de 2014 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do Programa de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 10 de febreiro de 2015.

Estado de trámite: En trámite

Comparte