Aviso: Aprobado o marco de referencia do Arquivo dixital integrado de Galicia
Aprobado o marco de referencia do Arquivo dixital integrado de Galicia
A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publica no Diario Oficial de Galicia a Resolución conxunta do 15 de decembro de 2014, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se aproba o marco de referencia do Arquivo dixital integrado de Galicia.
O Arquivo dixital integrado de Galicia é unha estrutura tecnolóxica e organizativa que dá soporte ao modelo de xestión de documentos electrónicos.
Está formado polo Arquivo electrónico administrativo e o Arquivo electrónico de patrimonio documental. O Arquivo electrónico administrativo especialízase na xestión dos documentos electrónicos durante a actuación administrativa automatizada. O Arquivoelectrónico de patrimonio documental, ademais de destinarse á custodia permanente dos documentos electrónicos administrativos da Xunta de Galicia que merezan conservarsevunha vez concluída a súa tramitación e transcorridos os prazos de vixencia legalmente
previstos, especializarase na xestión das copias dixitalizadas do patrimonio documentalvque se custodian nos arquivos, ou que poidan ser colleitadas doutras fontes de interese.
O marco de referencia do Arquivo dixital integrado de Galicia é o documento que sintetizavo modelo de xestión dos documentos electrónicos sobre o cal se desenvolve o Arquivo dixital integrado de Galicia, e inclúe tanto a xestión de documentos electrónicos producidosvpolas administracións públicas no exercicio das súas funcións, como a xestión das copias dixitalizadas dos documentos do patrimonio documental que se custodian nos arquivos.
O marco de referencia do Arquivo dixital integrado de Galicia debe ser aplicado e tomadovcomo base para desenvolver todos os aspectos técnicos, normativos e organizativos da súa posta en marcha.