Aviso: Axudas a concellos para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais

Axudas a concellos para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde  do 2 de xaneiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas, con personalidade xurídica propia, e a agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015. Estas subvencións son susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), dentro do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Os concellos e entidades públicas con personalidade xurídica propia que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. 

Estado de trámite: En trámite

Comparte