Aviso: Licitación para a contratación da estratexia e compra de medios para a campaña de promoción dos recursos naturais e culturais de Galicia

Licitación para a contratación da estratexia e compra de medios para a campaña de promoción dos recursos naturais e culturais de Galicia

A Axencia de Turismo de Galicia publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 7 de xaneiro de 2015 pola que se anuncia a licitación para a contratación, a través dun acordo marco cun único empresario, para a prestación do servizo da estratexia e compra de medios para a campaña de promoción dos recursos naturais e culturais de Galicia durante 2015, licitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, suxeito a regulación harmonizada, mediante tramitación anticipada, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (PI 6.32).

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Estado de trámite: En trámite

Comparte