Aviso: Convocatoria para a inscrición de espectáculos e concertos en Cultura no Camiño 2015

Convocatoria para a inscrición de espectáculos e concertos en Cultura no Camiño 2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia Turismo de Galicia poñen en marcha  a terceira edición de Cultura no Camiño. Conmemoración do VIII centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís, unha programación cultural destinada aos concellos polos que discorren os diferentes camiños de Santiago e que se desenvolverá entre o 15 de abril ao 30 de setembro.
 
Para a configuración do catálogo de espectáculos e concertos que van ser ofertados neste programa, a Agadic abre un prazo do 2 ao 23 de febreiro para que todas as compañías e grupos interesados poidan inscribir os seus espectáculos/concertos a través do  web:  www. galescena.info.
 
Poderán inscribirse neste programa espectáculos de teatro, danza, narración oral, novo circo, maxia e concertos de música de calquera modalidade, producidos e distribuídos por empresas dedicadas profesionalmente ás artes escénicas ou musicais (quedan excluídas as asociacións culturais) con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estado de trámite: Resolto

Comparte