Aviso: Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado - Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei de arquivos e documentos de Galicia

Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado - Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei de arquivos e documentos de Galicia

Vicepresidencia e Consellería e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza publica no DOG a Resolución do 12 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado - Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado - Comunidade Autónoma de Galicia na súa reunión celebrada o día 16 de decembro de 2014 adoptou o seguinte acordo:

1º. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 5.2, alíneas h), i) e j); 6 e 30.d); a disposición adicional segunda e a transitoria terceira da Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.

2º. Designar un grupo de traballo para propoñer á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3º. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, así como inserir o presente acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Comparte