Aviso: Buscamos a noticia da túa vida

Buscamos a noticia da túa vida

Concurso Biblioteca Pública de Coruña Miguel González Garcés

Do 9 ao 13 de marzo,  a Biblioteca Pública de Coruña Miguel González Garcés celebra a Semana da Prensa e convoca o concurso Buscamos a noticia da túa vida

Entre os participantes seleccionados sortearase un lote de libros. Os usuarios e usuarias da biblioteca poderán escoller a noticia máis destacada por votación popular.
Conservas recortes de prensa dalgunha noticia importante para vostede? Garda xornais ou revistas con algunha noticia impactante? Tes algunha noticia en formato dixital que che guste? A biblioteca quere facer unha pequena mostra coas súas aportacións.

Os que desexen participar deben presentar a noticia da súa vida antes do 9 de marzo ás 14 horas. Ademais de presentala na propia biblioteca, tamén a poden enviar nun correo electrónico a bpc.rev@xunta.es co pdf da noticia ou coa ligazón á mesma.

 

Estado de trámite: En trámite

Comparte