Aviso: Convocatoria pública para a Dirección do Museo Pedagóxico de Galicia
Convocatoria pública para a Dirección do Museo Pedagóxico de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde do 16 de febreiro de 2015 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, da Dirección do Museo Pedagóxico de Galicia.
A solicitude de participación nesta convocatoria dirixirase á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e presentarase no Rexistro Único da Xunta de Galicia, nos seus departamentos territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no DOG.