Aviso: Procura de socios para un proxecto europeo de cooperación cultural
Procura de socios para un proxecto europeo de cooperación cultural
Coordina Knowledge Industry Group de Grecia
A idea central do proxecto é promover o patrimonio cultural vinculado á Batalla de Lepanto (1571). Nesta batalla participaron moitos países europeos e non europeos e os seus efectos pódense atopar en moitas formas das belas artes, como a pintura, o teatro, a literatura e a música.
O obxectivo deste proxecto é promover este patrimonio cultural en toda Europa a través de diversas accións e tamén inspirar a novos artistas a crear obras únicas vinculadas á temática desta batalla.
Na ficha anexa figura máis información e os datos de contacto.
Estado de trámite: En trámite
Documentos relacionados
- Ficha do proxecto212.68 KB