Aviso: Convocatoria ás empresas galegas para a misión comercial ao Marché du Film de Cannes 2015

Convocatoria ás empresas galegas para a misión comercial ao Marché du Film de Cannes 2015

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG), participará no mercado de cine Marché du Film de Cannes, que terá lugar entre os días 13 e 22 de maio de 2015.
 
A Agadic terá presenza no pavillón Cinema from Spain promovido polo Instituto de Comercio Exterior (ICEX), cun stand promocional e unha mesa de reunións a disposición dos profesionais galegos que a precisen para as súas xuntanzas de negocios.
 
Así mesmo, promoverase a participación dunha representación de empresas galegas no mercado contribuíndo ao financiamento do 50% dos gastos correspondentes a unha persoa por compañía que se deriven da acreditación no evento, pasaxe de avión e 3 noites de aloxamento.

Estado de trámite: En trámite

Comparte