Aviso: VI Certame de Cinema OUFF escola

VI Certame de Cinema OUFF escola

O OUFF escola é un concurso que ten como obxectivo o fomento da participación do alumnado en proxectos audiovisuais, impulsar a creatividade, o traballo en equipo e o uso do idioma galego. Tamén pretende potenciar  a utilización das tecnoloxías da información e comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra audiovisual feito nas aulas.

Trátase da VI edición deste certame, que se convoca dentro da 20º edición do Festival de Cine Internacional de Ourense correspondente a este ano – a celebrar entre o 14 e o 22 de novembro de 2015 -. A convocatoria está dirixida a todo o alumnado de centros públicos e privados de Galicia e aos de fora de Galicia que teñan materias en lingua galega. Na pasada edición bateuse o récord de participación con 76 traballos presentados que implicaron a máis de 2.000 participantes – chegados ata de Reino Unido -.
 
A data límite para presentación de traballos é o 30 de xuño de 2015 e establécense dúas categorías, unha para infantil e primaria, e outra para outros niveis de ensino non universitario. Para ambas hai dous premios de 600 e 400 euros respectivamente, xunto cun terceiro premio Blanco Amor ao Mellor Guión, cunha dotación de 300 euros.

Estado de trámite: En trámite

Comparte