Aviso: Creación dun novo club de lectura na Biblioteca González Garcés da Coruña
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_3309.png)
Creación dun novo club de lectura na Biblioteca González Garcés da Coruña
Coordinado por unha voluntaria cultural, María Pérez Miñones, ábrese o prazo de inscrición para solicitar unha das 15 prazas coas que contará este novo club de lectura da biblioteca, destinado a persoas maiores de 16 anos.
As peticións serán atendidas por rigorosa orde de chegada e será preciso ter carné da biblioteca. Os libros necesarios seranlles facilitados aos integrantes do club pola propia biblioteca.
As reunións serán os sábados polas mañás, de 12 a 13.30 h, cada quince días, de outubro a maio de 2013.
- INSCRICIÓN en liña
- INSCRICIÓN presencial: na sala de consulta da biblioteca, a partir das 10 horas do xoves 19 de setembro