Aviso: Creación dun novo club de lectura na Biblioteca González Garcés da Coruña

Creación dun novo club de lectura na Biblioteca González Garcés da Coruña

Coordinado por unha voluntaria cultural, María Pérez Miñones, ábrese o prazo de inscrición para solicitar unha das 15 prazas coas que contará este novo club de lectura da biblioteca, destinado a persoas maiores de 16 anos.

As peticións serán atendidas por rigorosa orde de chegada e será preciso ter carné da biblioteca. Os libros necesarios seranlles facilitados aos integrantes do club pola propia biblioteca.

As reunións serán os sábados polas mañás, de 12 a 13.30 h, cada quince días, de outubro a maio de 2013.

  • INSCRICIÓN en liña
  • INSCRICIÓN presencial: na sala de consulta da biblioteca, a partir das 10 horas do xoves 19 de setembro

Comparte