Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais

Subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais

Subvencións a entidades locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais

Prazo: 04/02/2023 - 03/03/2023

Ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas á mellora e ao equipamento das instalacións e locais culturais de entidades locais de Galicia destinados a actividades de carácter cultural, conforme o procedemento que a continuación se establece nesta orde.

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da convocatoria desta liña de axudas, pretende continuar co labor de mellorar a infraestrutura dos equipamentos culturais co fin de dotar dos medios necesarios para que as entidades locais comprometidas coa acción cultural poidan executar os seus programas culturais, así como contar coas oportunas infraestruturas que lles permitan a adecuada realización das actividades culturais que promovan, garantindo así o servizo público que prestan á cidadanía.

Serán subvencionables os proxectos constituídos polas actuacións sinaladas no artigo 3, que se desenvolvan no período que comprende desde o 1 de xaneiro de 2023 ata a data de fin de xustificación establecida no artigo 22 desta orde.

Estas axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración da Xunta de Galicia e eficiencia na asignación e na utilización dos recursos públicos.

Os proxectos poderanse realizar mediante xestión individual ou compartida segundo o previsto no artigo 3 da orde, directa ou indirectamente mediante a concertación con terceiros da execución total ou parcial do proxecto subvencionado, conforme o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O procedemento de concesión de subvencións regulado nesta orde ten o código CT211B para os efectos de identificación na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e o acceso aos formularios específicos, de uso obrigatorio para os interesados.

Estado de tramite: En trámite

Documentos relacionados

Comparte