Axudas, subvencións e bolsas : Bases reguladoras de intercambio poético Galicia-Irlanda en residencia

Bases reguladoras de intercambio poético Galicia-Irlanda en residencia

A presente convocatoria ten por obxecto fixar as bases reguladoras que establecen a Residencia Literaria 1863 e o Centro Tyrone Guthrie de Annaghmakerrig -en colaboración coa Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, Poetry lreland e mais a Embaixada de Irlanda en España­ para impulsar o Intercambio poético Xacobeo en residencia Aodh Ruadh ó Domhnaill.

Dita bolsa apoiará unha residencia de creación literaria para poetas galegas/as en Irlanda e para poetas irlandeses/as en Galicia, por un mes de duración (en concreto, setembro de 2024).

As solicitudes para concorrer ao Intercambio poético Xacobeo en residencia Aodh Ruadh ó Domhnaill deberán presentarse ata o día das Letras Galegas, 17 de maio de 2024, ás 22:00h

Estado de tramite: En trámite

Documentos relacionados

Comparte