Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións ao asociacionismo profesional no ámbito das industrias culturais
Subvencións ao asociacionismo profesional no ámbito das industrias culturais
Resolución da Agadic pola que se aproba a convocatoria para o ano 2015
O obxectivo é potenciar o asociacionismo profesional no ámbito das industrias culturais con domicilio, sede social ou establecemento permanente en Galicia.
Estas axudas son compatibles con outras subvencións da Xunta de Galicia ou organismos dependentes.
Os requisistos que deberán cumprir as asociacións para acceder a estas axudas serán carecer de ánimo de lucro, ter entre os fins sociais a promoción dos produtos culturais, ter sede ou domicilio en Galicia e ter como ámbito de actuación o autonómico.
A presentación de instancias e demais documentación faráse preferiblemente por vía electrónica en http://sede.xunta.es/portada , ou en papel en calqueira dos lugares recoñecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Estado de tramite: Resolto