Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións á asistencia ao MICA (Mercado de Industrias Culturais Arxentinas) e ao Womex (World Music Expo)
Subvencións á asistencia ao MICA (Mercado de Industrias Culturais Arxentinas) e ao Womex (World Music Expo)
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG núm. 115, do 19 de xuño de 2015, as bases das subvencións
Beneficiarios:Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas de carácter privado, dedicadas profesionalmente á produción ou distribución de bens ou servizos culturais, con ánimo de lucro, domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, con establecemento operativo en Galicia, que asistan como profesionais invitados ao MICA en Bos Aires (do 3 ao 6 de setembro de 2015) ou ao Womex en Budapest (do 21 ao 25 de outubro de 2015), inscritos como profesionais, e que desempeñen a súa actividade profesional en Galicia.
Importes e límites:
1. O importe máximo para o financiamento das axudas incluídas nesta convocatoria é de 30.000 euros.
2. A contía máxima das subvencións será do 60 % dos gastos subvencionables, cun límite de 1.500 euros por entidade e evento.
Presentación das instancias: Preferiblemente por vía electrónica. De xeito alternativo, tamén se poden presentar en soporte papel por calquera dos medios que se especifican nas bases e utilizando o modelo de solicitude que se pode descargar nese mesmo portal.
Prazo de presentación:Do 20 de xuño ao 20 de xullo de 2015.
Estado de tramite: Resolto