Axudas, subvencións e bolsas : O Centro Ramón Piñeiro convoca oito bolsas de formación en proxectos de investigación

O Centro Ramón Piñeiro convoca oito bolsas de formación en proxectos de investigación

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG a Orde do 2 de xullo de 2015 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público de oito bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria.

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación é dun mes, que se contará a partir do seguinte ao da publicación da presente  convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte

Estado de tramite: Resolto

Comparte