Axudas, subvencións e bolsas : Amplíase o prazo para que os concellos xustifiquen as axudas recibidas para equipamento de actividades culturais

Amplíase o prazo para que os concellos xustifiquen as axudas recibidas para equipamento de actividades culturais

A orde do 16 de maio de 2014 establecía o 1 de outubro como límite e agora é ata o 31 do mesmo mes

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a Orde do 8 de setembro de 2014 pola que se modifica a do 16 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia, e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, cofinanciadas polo Fondo Europeo  de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o 2014 (código de  procedemento CT 211B).

No artigo 9.2 da devandita orde establecíase que os beneficiarios da subvención quedan obrigados a acreditar a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do orzamento do proxecto antes do 1 de outubro de 2014.

No entanto, tendo en conta a data de resolución das devanditas axudas, motivada polo elevado volume de solicitudes recibidas e os atrasos experimentados na tramitación das enmendas,  consideráse necesario ampliar a data de xustificación das axudas, que pasa do 1 ao 31 de outubro de 2014.

 

 

Estado de tramite: Resolto

Comparte