Axudas, subvencións e bolsas : Convocatoria de axudas para proxectos de tradución literaria do Programa Europa Creativa

Convocatoria de axudas para proxectos de tradución literaria do Programa Europa Creativa

Apoio á tradución e á promoción de obras de ficción europeas

Apoio á tradución e á promoción de obras de ficción europeas

As axudas, que contan cun orzamento total dispoñible de 2 millóns de euros para a convocatoria 2017, é para proxectos de tradución literaria de editoriais establecidas nalgún dos países participantes no programa Europa Creativa. Subprograma Cultura.

As linguas de tradución e publicación deberán ser linguas oficialmente recoñecidas nos devanditos países e as obras presentadas deberán ser obras de ficción cun alto valor literario non previamente traducidas ao idioma destinatario, podendo tratarse de proxectos destinados a ser publicados tanto en papel como en dixital. As axudas comprenden desde a tradución ata a publicación, distribución e promoción das obras traducidas.

Os obxectivos principais desta liña de axudas son apoiar a diversidade cultural e lingüística dos países da Unión Europea e outros países participantes no programa; fortalecer a circulación transnacional e a diversidade de traballos de tradución literaria de alta calidade; promover o acceso ás devanditas obras na Unión Europea e os países participantes; e conseguir novas audiencias para estas obras.

Como obxectivos prioritarios establécense, entre outros, apoiar a tradución de obras literarias europeas; favorecer a tradución de obras escritas en linguas menos utilizadas a idiomas con maior capacidade de circulación, como o inglés, o alemán, o francés ou o español; ou favorecer a tradución de libros de xéneros con menor representación, en particular o cómic e a novela gráfica, relatos curtos, poesía e as obras dirixidas ao público infantil e xuvenil.

As solicitudes deberán presentarse en liña antes das 12:00h do próximo 25 de xullo.

 

 

Estado de tramite: En trámite

Comparte