Axudas, subvencións e bolsas : Subvención ás actividades de distribución para industrias culturais

Subvención ás actividades de distribución para industrias culturais

 A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, segundo as bases publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 56, do 22 de marzo de 2016.
 
Beneficiarios e modalidades de subvención
Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as entidades que a continuación se sinalan, para actividades que se leven a cabo entre o 1 de novembro de 2015 e o 31 de outubro de 2016:

Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia 
 
Beneficiarios:
Persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Requisitos:
– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.
– Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/s/convite/s con contido económico.
– Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres funcións/concertos e, en ningún caso, máis de oito no mesmo espazo.
 
Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia
 
Beneficiarios:
Persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a exhibición de espectáculos e/ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.
 
Requisitos:
– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.
– Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/s/convite/s con contido económico.
 
Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados culturais fóra de Galicia.
 

Beneficiarios:
Persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais fóra da Comunidade Autónoma galega. Incluirase a asistencia ao Womex 2016, que se celebrará en Santiago de Compostela, para o que exclusivamente se subvencionará o 60 % dos dereitos de asistencia.
 
Requisitos:
– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.
– Inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.
– Acreditar a relación de vinculación dos/das asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria.
 
Modalidade A.4: subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da comunidade autónoma.
 

Beneficiarios:
Persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución pola Comunidade Autónoma de Galicia consistente na realización dun mínimo de cinco representacións de artes escénicas. En ningún caso, máis de catro representacións nun mesmo espazo.
 
Requisitos:
– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.
– Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/s ou cesións.
 
Importes máximos
1. O importe máximo para o financiamento das axudas incluídas nesta convocatoria é de 420.000 euros, dos cales 310.000 euros se reservan para as modalidades A1, A2 e A3, salvo que non existan suficientes solicitudes nesas modalidades, en cuxo caso o importe non adxudicado se poderá adxudicar na A4.
 
2. A contía máxima total que poderá obter unha empresa beneficiaria no conxunto das distintas modalidades da presente convocatoria será de 40.000 euros. Este límite tamén se aplicará por cada compañía/artista/grupo cando estea representado por varias entidades.
 
Prazo de presentación de solicitudes
Do 23 de marzo ao 31 de xullo de 2016
 
Presentación das instancias
Preferiblemente por vía electrónica a través do portal https://sede.xunta.es. De xeito alternativo, tamén se poden presentar en soporte papel por calquera dos medios que se especifican nas bases e utilizando o formulario normalizado que se pode descargar nese mesmo portal.

Estado de tramite: Resolto

Comparte