Axudas, subvencións e bolsas : Convocatoria de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación do Consello da Cultura Galega

Convocatoria de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación do Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega publica no DOG a Resolución do 10 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver e se anuncia a súa convocatoria.

A duración de cada unha das bolsas será de seis (6) meses e iniciaranse previsiblemente o 1 de xuño de 2016.

A data de incorporación ao centro establecerase na notificación da adxudicación da bolsa; en calquera caso, a data límite de finalización das bolsas será o 31 de decembro de 2016.

Estado de tramite: Resolto

Comparte