Axudas, subvencións e bolsas : Bolsas de formación en biblioteconomía

Bolsas de formación en biblioteconomía

Son un total de 35 con formación titoradas en diversos centros bibliotecarios

O Diario Oficial de Galicia publica a Orde do 28 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación
apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios.

Trátase de cursos de formación para os futuros bibliotecarios da Rede de Bibliotecas de Galicia, teórico-prácticos en bibliotecas e guiados por persoal técnico cualificado.

Duración máxima: 7 meses

Solicitude: preferiblemente por vía electrónica

Prazo: Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Estado de tramite: Resolto

Comparte