Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega

Subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a Orde do 31 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria (ED115A).

O obxecto desta orde é convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a fomentar a prestación dun servizo lingüístico, mediante a súa creación ou o mantemento ou reforzamento dos existentes, ou a promover a planificación e o desenvolvemento de programas de dinamización da lingua galega en concellos ou en agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3.000 habitantes.

Estado de tramite: Resolto

Comparte