Axudas, subvencións e bolsas : Axudas do Igape aos organismos intermedios para promoción e internacionalización das empresas galegas

Axudas do Igape aos organismos intermedios para promoción e internacionalización das empresas galegas

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do día 18 de xullo de 2014, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas aos organismos intermedios para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización das empresas galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Os proxectos obxecto de apoio son:
a) Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión, internet ou outros medios, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.
b) Elaboración de material promocional como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte e que contribúan á divulgación e coñecemento no estranxeiro.
c) Participación ou visita en/a feiras e outros eventos expositivos (desfiles, catas,…) de carácter profesional que teñan lugar no estranxeiro, excepto a participación en feiras e eventos incluídos no Plan Foexga (publicado no web do Igape) a non ser que non se poida participar na acción Foexga por exceso de cupo ou outras causas non imputables ao beneficiario.
d) Misións empresariais inversas de calquera país estranxeiro a Galicia, de importadores distribuidores, medios de comunicación ou outro tipo de prescritores co obxecto de dar a coñecer ao exterior as posibilidades empresariais de Galicia e/ou para sondar posibles fórmulas de cooperación.
e) Corners, showrooms ou similares no estranxeiro.
f) Outras accións promocionais colaborativas que teñan como obxectivo dar a coñecer as posibilidades empresariais de Galicia no estranxeiro.

 

Estado de tramite: Resolto

Comparte