Axudas, subvencións e bolsas : Axudas da Agadic para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en galego

Axudas da Agadic para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en galego

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Resolución do 23 de xullo de 2014 da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)  pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega, que estean en fase inicial de desenvolvemento e que se prevexa que se levarán a cabo nos exercicios 2014 e 2015.

As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as seguintes:

a) Longametraxes cinematográficas de ficción e animación, cunha duración superior aos 75 minutos.

b) Longametraxes e miniseries de ficción para televisión. As miniseries deberán ser de dous capítulos cunha duración mínima de 52 minutos cada un.

c) Pilotos de series de animación para televisión cunha duración mínima global de 130 minutos.

d) Pilotos de programas para televisión que destaquen por ofrecer formatos innovadores.

Estado de tramite: Resolto

Comparte