Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións para as plataformas culturais europeas

Subvencións para as plataformas culturais europeas

Programa Europa Creativa da UE

A UE acaba de abrir a convocatoria de subvencións para as plataformas culturais europeas do programa Europa Creativa.

Poden solicitar as axudas aquelas plataformas integradas por unha entidade coordinadora e un mínimo de dez organizacións de dez países elixibles, con entidade legal e traxectoria mínima de 2 anos dentro do sector ICCs.

Son axudas a 4 anos, para un número limitado de plataformas de alta calidade, centradas na promoción de artistas e creadores europeos, especialmente de novos talentos. 

A subvención máxima poderá ser de 500.000 € ao ano ou o 80 % dos custos subvencionables.

O formulario de solicitude e a totalidade dos seus anexos presentaranse por vía electrónica.

A data límite para o envío de propostas é o 06.04.2017 ás 12.00 h.

Estado de tramite: Resolto

Comparte