Axudas, subvencións e bolsas : Axudas 2017 para apoiar as escolas de música municipais
Axudas 2017 para apoiar as escolas de música municipais
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de poñer en marcha unha nova liña de axudas para apoiar ás escolas de música municipais.
A iniciativa, dotada con 300.000 euros, saíu publicada no DOG e pode consultarse no seguinte enlace: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170602/AnuncioG0164-220517-00...
A convocatoria vai destinada a subvencionar o funcionamento tanto das escolas de música dependentes dos concellos como das asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro. No caso das primeiras, a Consellería destinará un total de 250.000 euros e a contía máxima da axuda por beneficiario non poderá superar a cantidade de 40.000 euros. Pola súa banda, para as escolas de música dependentes de asociacións, a achega ascenderá a 50.000 euros, 8.000 de máximo por beneficiario.
Tal e como figura na orde, na valoración de solicitudes teranse en conta aspectos como o número de alumnado matriculado, de especialidades instrumentais impartidas, do profesorado e tempo de dedicación, así como as dimensións das instalacións, o volume do orzamento do centro e o importe total que o centro percibe do alumnado pola impartición das ensinanzas. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes.
Estado de tramite: Resolto