Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións 2017 para a promoción e difusión do cine galego en festivais e mostras de cine de prestixio nacional e internacional que se celebren fóra de Galicia

Subvencións 2017 para a promoción e difusión do cine galego en festivais e mostras de cine de prestixio nacional e internacional que se celebren fóra de Galicia

A Axencia Galega de Industrias Culturais publica no DOG a Resolución do 28 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases para a promoción e difusión do cinema galego en festivais e mostras de cinema de prestixio nacional e internacional que se celebren fóra de Galicia, e se convocan para o 2017.

Estado: Convocadas

Data de publicación: 11 de xullo de 2017

Prazo de presentación: Para os eventos xa celebrados, un mes desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Para os celebrados con posterioridade á publicación da presente convocatoria, un mes desde que se produza a comunicación oficial, por parte do festival, da selección da obra e, en calquera caso, non poderá exceder do 15 de novembro de 2017. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Presentación de solicitudes: Para as persoas xurídicas e as súas representantes, obrigatoria por vía electrónica a través do portal https://sede.xunta.gal. Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, preferiblemente por esta vía e, de xeito alternativo, en soporte papel por calquera dos medios que se especifican nas bases e utilizando o formulario normalizado.

Convocatoria: DOG núm. 131, do 11 de xullo de 2017

Estado de tramite: En trámite

Comparte