Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións para proxectos de cooperación cultural europea 2018

Subvencións para proxectos de cooperación cultural europea 2018

Programa Europa Creativa da UE

Aberta a convocatoria de "Proxectos de Cooperación Cultura Europea, categorías 1 e 2", liña de subvención do programa Europa Creativa da UE (convocatoria EACEA 32/2017).

Os principais obxectivos son:

- fortalecer a capacidade dos sectores culturais e creativos europeos a nivel transnacional e internacional e promover a circulación de bens culturais e obras creativas 

- contribuír ao desenvolvemento de novas e innovadoras audiencias e mellorar o acceso ás obras culturais e creativas na UE con especial atención aos nenos, os mozos, as persoas con discapacidade e os grupos insuficientemente representados 

- contribuír á innovación e a creatividade no ámbito da cultura, mediante novos modelos de negocio e promoción de efectos innovadores sobre outros sectores 

- mellorar o diálogo intercultural, promover valores comúns da UE, a comprensión e o respecto por outras culturas, para axudar así á integración social de migrantes e refuxiados 

A data límite para a presentación de proxectos é o 18.01.2018

Estado de tramite: En trámite

Comparte