Axudas, subvencións e bolsas : Bases e convocatoria para o ano 2018 de subvencións a salas de artes escénicas

Bases e convocatoria para o ano 2018 de subvencións a salas de artes escénicas

Esta resolución ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para o fomento da estabilidade e consolidación das salas de artes escénicas de titularidade privada que desenvolvan programacións artísticas de carácter profesional, e a súa convocatoria para o ano 2018.

Beneficiarios

Poderán solicitar as subvencións as persoas físicas ou xurídicas xestoras de salas de artes escénicas de titularidade privada con capacidade igual ou inferior a 250 localidades que presenten un proxecto de programación artística para o ano 2018. Exclúense salas cuxa titularidade pertenza a asociacións ou outras entidades sen ánimo de lucro. O solicitante deberá probar a dispoñibilidade da sala mediante copia da escritura de propiedade, contrato de alugamento ou outros documentos válidos en dereito, e deberá estar en posesión da licenza de apertura da sala para a cal solicita a axuda na actividade correspondente.

Estado de tramite: En trámite

Comparte