Axudas, subvencións e bolsas : Axudas aos concellos para a mellora de equipamentos culturais 2018

Axudas aos concellos para a mellora de equipamentos culturais 2018

Orde do 5 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas á mellora e equipamento dos locais das corporacións locais e das súas entidades públicas con personalidade xurídica propia para o ano 2018.

Enténdense por locais de corporacións locais e as súas entidades públicas con personalidade xurídica propia aqueles que son propiedade das citadas entidades, sitos en Galicia e que contribúan ao fomento da cultura en Galicia.

A finalidade é a mellora do equipamento e das dotacións técnicas dos locais destinados a actividades culturais.

As axudas serán destinadas a: realización de investimentos de equipamento escénico, iluminación e son, equipamento audiovisual, xeral de sala, sistemas de prevención e seguridade e novas tecnoloxías, investimentos destinados á posta en funcionamento de locais para usos culturais, investimentos en bibliotecas ou axencias de lectura pública municipais, investimentos en arquivos municipais, así como accións encamiñadas á mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

A axuda máxima por beneficiario que concederá a Consellería será de 30.000 euros, que en ningún caso poderá exceder o 90 % do orzamento total do proxecto subvencionable. Este importe de 30.000 € ascenderá a 35.000 € cando se trate de solicitudes conxuntas, é dicir, solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou calquera outra similar). 

O importe global destinado ascende a cincocentos mil euros (500.000 €).

Estado de tramite: Resolto

Comparte