Axudas, subvencións e bolsas : Publicada a Resolución das bolsas de formación en patrimonio moble galego
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_3308.png)
Publicada a Resolución das bolsas de formación en patrimonio moble galego
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria resolve a convocatoria de oito bolsas para formación en patrimonio moble galego
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 23 de febreiro de 2018 (núm. 39) a Orde do 5 de febreiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego en museos propios e xestionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Tras rematar o prazo de presentación de alegacións ás listaxes provisionais, publícase agora a resolución da convocatoria das ditas bolsas, nos respectivos campos de Arqueoloxía, Historia da Arte e Restauración.
Ver listaxes no documento anexo.
Estado de tramite: Resolto