Axudas, subvencións e bolsas : Convocatoria Erasmus+ 2018
Convocatoria Erasmus+ 2018
A convocatoria Erasmus 2018 está en marcha e xa teñen á súa disposición os formularios de solicitude de Asociacións estratéxicas de Educación de Persoas Adultas, así como diferente material de apoio que lle axudará no proceso de solicitude.
A Educación de Persoas Adultas é considerada como un elemento estratéxico nas políticas europeas de educación, o que se traduce nun incremento de orzamento moi importante para o desenvolvemento de proxectos Erasmus de cooperación a nivel europeo: un 43% de incremento en 2017, ao que temos que engadir outro 25% máis para este ano 2018. Este aumento de orzamento tradúcese nun incremento moi grande de oportunidades para as institucións que traballan neste sector educativo.
As Asociacións estratéxicas poden ser de dous tipos:
- de innovación, para a produción ou transferencia de produtos novos ou xa existentes, relevantes para o ámbito da educación das persoas adultas,
- ou de intercambio de boas prácticas, para desenvolver e reforzar redes de traballo e para compartir ideas, prácticas e metodoloxías.
As institucións do ámbito cultural que desenvolven actividades educativas para adultos (ciclos de conferencias, talleres, encontros con autores, etc) son un elemento crave neste sector educativo.
Para facilitar a incorporación ao Programa de todas aquelas institucións do sector que non teñen aínda experiencia previa, hai unha cantidade económica moi relevante específica para o desenvolvemento de proxectos de Asociacións estratéxicas de intercambio de boas prácticas. Se este fóra o seu caso, as condicións de partida son moi sinxelas: polo menos 3 institucións de 3 países que desexen colaborar durante un período comprendido entre 12 e 36 meses nun proxecto relevante para o sector da educación de persoas adultas. O desenvolvemento do proxecto permitiralle desenvolver actividades tanto locais como transnacionales, coa participación de docentes e alumnado, no seu caso. Tamén pode optar polo desenvolvemento de proxectos de innovación. Animámoslle a que presenten un proxecto nesta convocatoria, chea de oportunidades. Se a súa institución asume a coordinación, pode contar con todo o apoio do SEPIE (Axencia Nacional Erasmus en España).
O prazo finaliza o 21 de marzo de 2018, ás 12:00 do mediodía, hora de Bruxelas.
Para calquera dúbida, pode contactar co SEPIE a través de asociaciones.adultos@sepie.es ou a través dos números de teléfono 915 506 811 e 915 506 740.
Estado de tramite: En trámite